Ciencia y Tecnología Galicia

O Cunqueiro incorpora unha nova técnica cirúrxica para o tratamento do nervio pudendo

O atrapamento do nervio pudendo causa dor e alteracións funcionais urinarias, defecatorias e sexuais moi importantes

 A Unidade de Coloproctoloxía do servizo de Cirurxía xeral e dixestiva do Chuvi ven de incorporar á súa carteira de servizos unha nova técnica cirúrxica para o tratamento da neuralxia do nervio pudendo. Polo de agora levan realizado esta intervención a  9 pacientes, con «resultados moi satisfactorios».

Liberación do nervio da pelve

Trátase da Neurólisis laparoscópica, un procedemento de liberación do nervio na pelve -cando está comprimido por diversas causas-, a través de técnicas minimamente invasivas.

Segundo o xefe de sección da Unidade de Coloproctoloxía, Enrique Moncada, «no Chuvi levamos anos realizando intervencións desta patoloxía por vía posterior transglútea; isto é, cirurxía convencional que requiría de grandes cortes para a súa abordaxe. Con esta nova técnica laparoscópica accedemos por vía abdominal a través de pequenas incisións no pel, e a través duns catéteres introducimos o instrumental necesario para cortar o ligamento e descomprimir o nervio mentres visualizamos todo o proceso. Esta vía nos aporta un mellor acceso a toda a estrutura vascular e nerviosa da área a tratar».

As vantaxes das cirurxías minimamente invasivas son múltiples:  hai menos ferida e, en consecuencia, diminúe a dor postoperatoria e o risco de infeccións e complicacións. Isto implica una redución do tempo de ingreso hospitalario e unha recuperación máis rápida do paciente. 

Síndrome complexo

O pudendo é un nervio sensitivo, motor e vexetativo, da pelve. En ocasións pode quedar comprimido ou punzado por diversas causas, como lesións postparto; traumatismos tras  cirurxías xinecolóxicas; profesións, oficio ou práctica deportiva que implique comprensión permanente do nervio; ou mais raramente por causa idiopática o descoñecida.

Cando isto sucede pode desencadear o chamado Síndrome de atrapamento do nervo pudendo. Trátase dun síndrome complexo, que  cursa con sintomatoloxía variable como a dor e alteracións funcionais urinarias, defecatorias e sexuais moi importantes.

O atrapamento do nervio pudendo constitúe unha causa de dor pelviana crónica na muller, sendo un dos diagnósticos menos coñecidos e subestimados ata a actualidade e que produce unha moi mala calidade de vida nas persoas que a padecen.

Unidade do Nervio Pudendo

O Álvaro Cunqueiro conta cunha Unidade de Nervio Pudendo, un equipo multidiciplinar coordinado polo servizo de Admisión e conformado por 1 neurólogo, 1 anestesista, 1 radiólogo intervencionista e 2 cirurxiáns.  Este equipo estuda e valora aos pacientes, unha media de 15 casos anuais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.