Galicia Sucesos

Morren máis de 10.000 aves no incendio dunha granxa en Ourense

O lume comezou sobre as 5 da tarde preto da capital

Segundo informa o 112 Galicia, máis de 10.000 polos morreron nun incendio declarado este xoves pola tarde en Ourense.

O lume, visible dende a capital, do cal avisaron uns veciños do lugar, comezou preto das 5 da tarde nunha explotación de Vilar de Astrés, en Ourense.

De inmediato acudiron os Bombeiros de Ourense que tardaron maís de dúas horas en acabar coas lapas. Tamén achegáronse ao lugar axentes da Policía Local e Nacional e membros do 061.

Bombeiros de Ourense, dos axentes da Policía Nacional e Local e dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

También te puede interesar