Fotografía: David Cabezón/O presidente Feijóo deu este mércores no Parlamento de Galicia o dato polo que preguntamos dende hai meses os xornalistas e os partidos da oposición.
No debate sobre a xestión da COVID-19, o presidente sinalou que hai máis de «700 persoas» que fan traballo de rastrexadores. Este persoal é, aclarou Feijóo, á marxe 5.600 profesionais de Atención Primaria.
Estes rastreadores, aclarou o presidente, adican todo o seu tempo, mesmo as fines de semana, ao rastreco de casos de coronavirus.
Deste xeito, Feijóo desvelou un dato que mesmo o seu novo conselleiro de Sanidade negouse, reiteradamente, a facilitar.