RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Denuncian que Caballero non avanzou nada sobre a AP-9 na visita do secretario de Infraestruturas a Vigo

«O alcalde non plantexou nada sobre a conversión en tramo urbano desde Torres de Padín, nin nas pantallas acústicas nin na mellora de pasos elevados»

A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que na xuntanza mantida este martes entre o alcalde e o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Sergio Vázquez, «non houbo ningún compromiso do goberno do Estado, en relación as reivindicacións sobre a autoestrada AP9».

Os veciños subliñan que o Abel Caballero non plantexou «nin conversión en tramo urbano a autoestrada desde Torres de Padín ao centro da cidade, nin a colocación de pantallas acústicas nin a mellora dos pasos elevados na Xorxa e na Trapa».

«Un escándalo»

Para a Asociación, é «un escándalo» que en temas tan importantes para Vigo non se conseguira ningún avanzo.

Os veciños denuncian que o Ministerio de Transporte foi incapaz de esixir a concesionaria a mellora dos pasos elevados.

«Debemos ter en conta, que si se cumpre o anuncio da eliminación da peaxe do tramo Redondela-Vigo, ten que abordase con urxencia a conversión en tramo urbano e polo tanto a mellora dos acesos a autoestrada AP9», engaden os seus responsábeis.

«Abel Caballero cala agora sobre a AP-9»

Dende a asociación veciñal advirten de que «agora Abel Caballero, cala sobre a autoestrada AP9, mentres gobernan no Estado os seus». Lembran que cando o PP estaba no Goberno «eran constantes as comparecencias e reivindicando a mellora de acesos da AP9».

También te puede interesar