Cultura

A ‘Explanada do Horizonte’, lista para o uso e gozo das veciñas e veciños do Rosal

Ao mesmo tempo, queda acondicionado o tramo do Camiño de Santiago que pasa polo municipio

O Concello do Rosal xa recepcionou a obra finalizada dun proxecto de reforma integral e mellora paisaxística. A mesma permite dotar a Portecelo dunha nova área de esparexemento. Ademáis, queda acondicionado o tramo do Camiño de Santiago que pasa polo municipio.

María Fandiño

«Para nós é un orgullo poder contar con María Fandiño neste proxecto, unha arquitecta recoñecida polo seu traballo paisaxista que está acadando numerosos premios a nivel internacional», salienta a alcaldesa.

Agradecemento á veciñanza

Ánxela Fernández Callís asegura que «non podemos deixar de agradecer a implicación da veciñanza de San Xian e Portecelo, da comunidade de montes do Rosal e da traída de augas, así como do dono do petróglifo do Lapón. Sen a súa colaboración non sería posible sacar este proxecto adiante».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.