Comarcas Vigo al minuto

A Deputación destinará máis de 200 millóns para facer de 2021 o “ano da reactivación da provincia”

Carmela Silva sinala que o foco estará posto nas persoas e nos concellos

Un orzamento adaptado a unha situación excepcional e envorcado a que o 2021 sexa o ano da reactivación da provincia.

Estas son as liñas mestras do proxecto de orzamentos da Deputación de Pontevedra, presentado este mércores.

O foco estará “nas persoas”

A presidenta do organismo, Carmela Silva, subliñou que as contas para 2021 teñen dous eixes esenciais; a Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS), e o reforzo do investimento público como ferramenta para dinamizar a actividade económica e a xeración de emprego.

“Co foco posto nas persoas, nos concellos e na alianza cos axentes sociais”, a
Silva e o vicepresidente Cesar Mosquera presentaron un orzamento de 164,5 millóns de euros, un 2,2% máis que que o deste ano.

Débeda cero

As novas contas presentan unha “situación de solvencia financeira” que na
práctica é de “débeda cero”. De feito, indicou a presidenta, dos 41 millóns de débeda que o goberno se encontrou en 2015, este ano conseguiuse reducila aos 3,9 millóns, e para 2021 a previsión é baixar do millón.

Axenda 2030

A Axenda 2030 marca de forma transversal o orzamento cun novo plan de
traballo Obxectivo Pontevedra Provincia, Alianza Local #17ODS. O mesmo “reforza a política social, a innovación e a dixitalización”. Asume a reactivación de sectores estratéxicos como a cultura e o turismo, e diríxese ao “mantemento da igualdade e o medio ambiente”, como eixos prioritarios.

Plan Concellos

Pola súa banda, o reforzo do investimento público cara á reactivación económica se aplica ao Plan Concellos. Tamén a todo o capítulo das infraestruturas e a mobilidade sostible, sectores produtivos, emprendemento e pemes, investigación e innovación, e á loita contra o
despoboamento
.

200 millóns, cos 20 de remanente e os Fondos Comunitarios


O vicepresidente do organismo provincial sinalou que os orzamentos 2021 poderán superar de largo os 200 millóns de euros cando se incorporen os remanentes deste ano, que superaran os 20 millóns de euros, e tamén a inxección de cartos europeos dos Fondos Comunitarios 21-27 e do Fondo de Reactivación Económica.

Acción nos concellos

Segundo os últimos datos do Ministerio de Facenda, a Deputación de Pontevedra achega un 35,34% dos recursos aos concellos, duplicando a media do 18,2 do resto das deputacións provinciais.

En 2021 as achegas aumentan ata os 61,2 millóns de euros, un 9,68% máis que en 2020, co Plan Concellos como instrumento clave. Mantéñense as condicións de flexibilidade entre liñas, establecidas no marco da pandemia para que os municipios poidan utilizar os recursos da liña 1 de investimentos para a compra de calquera tipo de material que necesiten ou a xeración do emprego. É dicir, até un máximo do 30% do importe asignado a cada concello para a liña 1, poderá destinarse a incrementar os importes das liñas 2 e 3.

Nova acción para que os concellos axuden as sectores afectados pola COVID

En 2021 a Deputación habilita unha nova acción específica a que os concellos poidan destinar  axudas aos sectores afectados pola pandemia que poderá chegar até o 20 % da liña 1, o que supón mobilizar 6 millóns de euros.

Política social:17 millóns

O reforzo da política social é outro das novedades para o ano que ven cun
incremento dun 3% chegando aos 17 millóns de euros.

Duplícanse as axudas de emerxencia e queda aberta a creación de novas liñas segundo evolucione a crise.

Medio ambiente e sostenibilidade

No eido do medio ambiente e políticas de sostenibilidade o orzamento presenta un notable aumento de case un 11%, ata os 35,5 millóns de euros.

Reactivación cultural, do turismo e do deporte

As contas para 2021 reforzan o investimento nestes sectores estratéxicos. Aumenta un 7,7% ata os 21 millóns de euros.

Igualdade

Respecto ás políticas de igualdade, “seguirán sendo a sinal de identidade da Deputación” cun incremento dun 7,7% respecto a este ano, chegando aos 1,4 millóns de euros en 2021.

Administración

En canto á administración provincial, a busca da eficiencia e da innovación reforzarase cun orzamento de 28 millóns, un 3,65% máis que en 2020. A mesma abranguerá a extensión da administración electrónica, as ofertas de emprego ou o programa TROPOS, no que se está a traballar.

También te puede interesar