Comarcas

A Deputación aproba 34 prazas na Oferta de Emprego Público para 2020

20 delas cubriranse polo sistema de oposición libre e as restantes 14 corresponden a promoción interna

A Deputación de Pontevedra aprobou a súa Oferta Pública de Emprego (OPE) para este ano 2020 cun total de 34 prazas. 20 delas cubriranse polo sistema de oposición libre e as restantes 14 corresponden a promoción interna.

Carlos Font, deputado de Réxime Interior, Economía e Facenda, sinalou que a OPE xa está publicada e que a Deputación vai celebrar 118 procesos selectivos para cubrir un total de 257 prazas correspondentes ás OPE de 2017, 2018 e 2019.

Font informou de que recibíronse 5.572 solicitudes para estas 257 prazas o que supón unha media de 22 solicitudes por praza.

También te puede interesar