Ciencia y Tecnología Galicia

A Área Sanitaria de Vigo realizou máis de 85.000 PCR nos Covid-Auto de Meixoeiro e Cunqueiro

66.342 no Meixoeiro e 18.855 no Álvaro Cunqueiro

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, realizou hoxe unha visita ao Covid-Auto do Hospital Álvaro Cunqueiro para coñecer o funcionamento deste dispositivo sanitario, no que se efectúa a toma de mostras das probas PCR sen baixar do coche.

85.199 PCR

No transcurso da visita, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, fixo un balance da actividade destes Puntos e informou que, con data 31 de outubro, lévanse rexistradas un total de 85.199 PCR, 66.342 no Meixoeiro e 18.855 no Álvaro Cunqueiro. Destas últimas, o 30% (5.634) corresponden ao Covid-Auto Escola. “Ademais, nestes primeiros días de novembro contabilizamos o número máis alto de probas realizadas, acadando as 1.950, o que ven a incrementar de xeito moi significativo a capacidade diagnóstica da área de Vigo”-asegurou o xerente.

O pasado 17 de marzo instalouse o primeiro Covid-Auto no Hospital Meixoeiro. Seis meses despois, e ante o incremento da demanda deste tipo de probas, adoptouse a decisión de habilitar outro no Álvaro Cunqueiro. Ademais, neste hospital dispúxose dun circuíto específico, o Covid-Auto Escola, para a realización das PCR á comunidade educativa.

También te puede interesar