Ciencia y Tecnología Galicia

A Área Sanitaria de Vigo realizou máis de 85.000 PCR nos Covid-Auto de Meixoeiro e Cunqueiro

66.342 no Meixoeiro e 18.855 no Álvaro Cunqueiro

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, realizou hoxe unha visita ao Covid-Auto do Hospital Álvaro Cunqueiro para coñecer o funcionamento deste dispositivo sanitario, no que se efectúa a toma de mostras das probas PCR sen baixar do coche.

85.199 PCR

No transcurso da visita, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, fixo un balance da actividade destes Puntos e informou que, con data 31 de outubro, lévanse rexistradas un total de 85.199 PCR, 66.342 no Meixoeiro e 18.855 no Álvaro Cunqueiro. Destas últimas, o 30% (5.634) corresponden ao Covid-Auto Escola. «Ademais, nestes primeiros días de novembro contabilizamos o número máis alto de probas realizadas, acadando as 1.950, o que ven a incrementar de xeito moi significativo a capacidade diagnóstica da área de Vigo»-asegurou o xerente.

O pasado 17 de marzo instalouse o primeiro Covid-Auto no Hospital Meixoeiro. Seis meses despois, e ante o incremento da demanda deste tipo de probas, adoptouse a decisión de habilitar outro no Álvaro Cunqueiro. Ademais, neste hospital dispúxose dun circuíto específico, o Covid-Auto Escola, para a realización das PCR á comunidade educativa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.