'Qué te cuentas?' Destacados

Denuncian un afundimiento na rúa Arnela que o Concello leva 4 meses sen reparar

A Concellaría de Fomento sinalizou o lugar xa en xullo

A Asociación Veciñal de Teis vén de denunciar que un afundimento na rúa Arnela a altura do número 33, “leva xa 4 meses, sen que a Concellaría de Fomento, actuara para reparalo”.

O afundimento nesta rúa produciuse a comezos do mes de xullo, e está sinalizado polo que o Concello ten coñecemento do mesmo desde hai meses. Está Asociación, tamén dirixiuse por escrito o pasado 27 de agosto e por teléfono, denunciando este afundimento.

“A isto, engadir que a veciñanza ten realizado reiteradas chamadas ao Concello, denunciando este feito, sen ter a día hoxe unha solución”.

Xa pasou máis veces

Non é a primeira vez, que afundimentos ou fochancas levan meses para logo repararse por parte do Concello, aínda que haxa denuncias por escrito ou por teléfono.

Os representantes da Asociación consideran que existe unha “falta de planificación, seguimento e un grave problema de xestión deste goberno municipal. Que anuncia grandes investimentos, pero logo non son capaces de dar repostas ao problemas diarios nos barrios e parroquias”.

También te puede interesar