RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Marea de Vigo pide que os 33 millóns de humanizacións vaian aos miles de negocios a piques de pechar

Asegura que «Abel Caballero vive nunha cidade que xa non existe»

Marea de Vigo vén de advertir de que «é rotundamente falso que o remanente [do Concello] só se poida usar en actuacións chamadas humanizacións». O seu voceiro municipal, Rubén Pérez, sinala que «o Ministerio de Facenda aclarou que os remanentes poderán ter usos máis amplos».

Cobertura social e tecido comercial e económico da cidade

Rubén Pérez rexeita que 33 dos 92 millóns de euros que hai na caixa acaben na súa totalidade na obra pública. Máis «nun momento no que a cobertura social e os investimentos en axudar ao tecido comercial e económico da cidade deben ser prioridade absoluta».

Para Marea de Vigo «Abel Caballero vive nunha cidade que xa non existe» Pérez subliña que «no Vigo amenazado pola crise da COVID-19 non ten prioridade as losetas, bancos ou delirantes cubricións de tranvías con metacrilato».

O Concello ten recursos para axudar ao comercio e hostalería

Marea de Vigo apela ao Goberno local á responsabilidade e á cordura. Máis aínda considerando que «con 33 millóns de euros hai recursos para habilitar axudas ao comercio e hostalería da cidade e aos miles de negocios ameazados na cidade por uns meses terríbles en canto a ventas e creación de emprego».

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo lembra que o propio Ministerio di na súa comunicación que:

» El Gobierno suspende la aplicación de las reglas fiscales en 2020 y 2021  La medida, de carácter excepcional, va en línea con la cláusula general de salvaguarda activada por la Comisión Europea. Quedan sin efectos los objetivos de estabilidad y de deuda pública de 2020 y 2021 y tampoco se aplicará la regla de gasto para esos ejercicios . Se suspende la exigencia de que CCAA y EELL destinen su superávit a amortizar deuda y los objetivos de estabilidad ya no actuarán como límite a las inversiones financieramente sostenibles. La decisión del Gobierno permitirá que los ayuntamientos puedan recurrir a sus remanentes de tesorería para colaborar así en la reconstrucción económica y social Con esta medida se dotan de mayor margen a la Administración para combatir las consecuencias económicas de la pandemia, ofrecer apoyo a empresas y ciudadanos y sentar las bases de la recuperación».

También te puede interesar