Destacados Vigo al minuto

Preto de 80.000 persoas xa se vacinaron fronte á gripe na área sanitaria de Vigo

En toda Galicia son case 400.000, o que supón 125.000 máis que en 2019

A Consellería de Sanidade leva vacinadas fronte á gripe a un total de 398.171 persoas, o que supón case que 125.000 máis que o ano anterior a estas alturas de campaña.

Segundo José Antonio Taboada, xefe do servizo de control de enfermidades transmisibles, informou de que o número de vacinas rexistradas en maiores de 65 anos é de 248.834, o que supón 52.311 máis que as postas a estas alturas na campaña de 2019. 

77.281 vacinacións na Área Sanitaria de Vigo

Por áreas sanitarias, o total de vacinas rexistradas ao conxunto da cidadanía galega é de 68.961 na área da Coruña; 30.277 na de Ferrol; 68.470 na de Santiago; 53.277 na de Lugo; 58.298 na de Ourense; 40.680 na de Pontevedra e 77.281 na de Vigo

Embarazadas e persoal sanitario

As mulleres embarazadas que xa se vacinaron acada a cifra de 3.114, mentres que o ano anterior por estas datas esta cifra era de 2.886. A vacinación entre o persoal sanitario é dun total de 24.799 persoas, o que supón máis  de 7.000 das que o fixeran en toda a campaña do ano pasado. 

Vacinación dos grupos diana

O representante da Consellería de Sanidade sinalou que, nestes primeiros días da campaña, estase a notar un “importante incremento da solicitude para a vacinación antigripal en toda a poboación, principalmente nos menores de 65 anos”.

De novo, Sanidade fai un chamamento para que se solicite a vacinación en primeiro lugar a aqueles grupos que teñen un maior risco de complicacións pola gripe.

Ata o 31 de decembro

Tal e como incidiu José Antonio Taboada, a campaña vaise desenvolver ata o 31 de decembro. Para este ano, a Consellería de Sanidade adquiriu máis de 200.000 doses con respecto a 2019.

También te puede interesar