Destacados Vigo al minuto

Preto de 80.000 persoas xa se vacinaron fronte á gripe na área sanitaria de Vigo

En toda Galicia son case 400.000, o que supón 125.000 máis que en 2019

A Consellería de Sanidade leva vacinadas fronte á gripe a un total de 398.171 persoas, o que supón case que 125.000 máis que o ano anterior a estas alturas de campaña.

Segundo José Antonio Taboada, xefe do servizo de control de enfermidades transmisibles, informou de que o número de vacinas rexistradas en maiores de 65 anos é de 248.834, o que supón 52.311 máis que as postas a estas alturas na campaña de 2019. 

77.281 vacinacións na Área Sanitaria de Vigo

Por áreas sanitarias, o total de vacinas rexistradas ao conxunto da cidadanía galega é de 68.961 na área da Coruña; 30.277 na de Ferrol; 68.470 na de Santiago; 53.277 na de Lugo; 58.298 na de Ourense; 40.680 na de Pontevedra e 77.281 na de Vigo

Embarazadas e persoal sanitario

As mulleres embarazadas que xa se vacinaron acada a cifra de 3.114, mentres que o ano anterior por estas datas esta cifra era de 2.886. A vacinación entre o persoal sanitario é dun total de 24.799 persoas, o que supón máis  de 7.000 das que o fixeran en toda a campaña do ano pasado. 

Vacinación dos grupos diana

O representante da Consellería de Sanidade sinalou que, nestes primeiros días da campaña, estase a notar un «importante incremento da solicitude para a vacinación antigripal en toda a poboación, principalmente nos menores de 65 anos».

De novo, Sanidade fai un chamamento para que se solicite a vacinación en primeiro lugar a aqueles grupos que teñen un maior risco de complicacións pola gripe.

Ata o 31 de decembro

Tal e como incidiu José Antonio Taboada, a campaña vaise desenvolver ata o 31 de decembro. Para este ano, a Consellería de Sanidade adquiriu máis de 200.000 doses con respecto a 2019.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.