RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

19 novos médicos para a Atención Primaria de Vigo

Incorpóranse en toda a área sanitaria da cidade

A Área Sanitaria de Vigo vén de incorporar 19 médicos aos centros de Atención primaria.

9 prazas de Medicina Familiar

Esta semana pasada semana rematouse o procedemento para cubrir 9 prazas de medicina familiar e comunitaria. Os 9 médicos xerais se incorporaron a: 3 a López Mora, 1 a Lavadores, 1 a Coruxo, 1 a Moaña, 1 a Ponteareas, 1 a Tui  e 1 ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Cangas-Moaña.

10 prazas de pediatras

No referido á Pediatría, vense de cubrir 10 prazas en total: 2  en A Doblada, 1 en Pintor Colmeiro, 1 en Val Miñor, 1 en Baiona, 1 en Cangas, 1 en Moaña, 1 en A Cañiza, 1 en Ponteareas e 1 en Tui.

Incremento do cadro de persoal

Este ano o cadro do persoal da Atención Primaria viguesa dotouse con 18 prazas de nova creación, sinalan dende a Consellería de Sanidade.Nos últimos meses incorporáronse 7 especialistas de medicina familiar e comunitaria nos centros de saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC); 6 profesionais da enfermería; 3 especialistas de enfermería obstétrica (matronas e matróns) e 2 fisioterapeutas.

26 prazas dende finais de 2019

«Con estas novas prazas xa son 26 as creadas para incrementar os recursos humanos da Atención Primaria viguesa» xa que veñen a engadirse 2 fisioterapeutas, 3 especialistas de medicina familiar e 3 de enfermería- incorporados no último trimestre do pasado ano.

También te puede interesar