Galicia

A Deputación de Pontevedra entra no Goberno da Rede Local para a Axenda 2030

Carmela Silva está xa no seu equipo directivo

A Deputación de Pontevedra vén de entrar no Consello de Goberno da Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 (REDODS).

Carmela Silva, presidenta do organismo provincial, pasa a ser vogal deste organismo, composto polos gobernos locais que se comprometen a localizar e aplicar os 17 obxectivos de sostenibilidade de forma transversal nas súas políticas.

16 millóns de persoas representadas

A Rede presidida polo alcalde de Palma, José Ila, celebrou este mércores a asemblea constitutiva que aprobou os nomeamentos do Consello de Goberno, o Plan de Traballo e orzamento anual así como as normas de funcionamento. Integra a un total de 167 entidades locais adheridas entre concellos, deputacións, consells e cabildos, que representan a máis de 16 millóns de persoas.

También te puede interesar