RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Nigrán suspende e apraza varias actividades logo de entrar en ‘alerta vermella’ por COVID

O alcalde subliña que hai que cumprir estritamente as indicacións sanitarias

O Concello de Nigrán vén de cancelar as actividades programadas no Auditorio Municipal e de voluntariado nas dunas de Panxón. Ademáis, apraza o inicio dos obradoiros para maiores, mentres dure o estado de alerta vermella por Covid-19 no municipio.

O goberno local, tal e como fixo suspendendo a gala dos Premios Nigrán este sábado 17 de outubro, toma esta decisión por responsabilidade ante o aumento do número de contaxios.

Aprázase ata novo aviso a sesión de cineclub do xoves e a representación de ‘Lume!’ de Teatro do Ar do sábado, ambos no Auditorio. Igualmente, adíase o teatro do xoves en IES Proval e a actividade de voluntariado do GALP na contorna das dunas de Panxón. Retrásase, tamén o inicio dos obradoiros de memoria para maiores no Centro da Terceira Idade. Por último, tampouco disputaranse as probas do circuito galego de Surf en Patos, cando menos, ata o 24 de outubro.

Máis de 21 casos positivos nunha semana

«Só sabemos que desde hoxe estamos en alerta vermella, o que quere dicir que se detectaron máis de 21 casos positivos nunha semana, pero non temos cifras concretas nin áreas», sinala o alcalde.

Juan González subliñá que «o importante agora é seguir cumprindo estritamente as indicacións sanitarias, tal e como a veciñanza ven facendo con exemplaridade desde o inicio da pandemia».

También te puede interesar