Galicia Sucesos

Dous mortos e 51 feridos en accidentes de tráfico a fin de semana en Galicia

Producíronse 37 sinistros nas estradas galegas dende o venres

58 feridos nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas
estradas galegas desde as 3 da tarde do venres, 16, ata as 12 menus un minuto deste domingo, 18 de outubro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en
dúas ocasións.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no lugar do accidente.

También te puede interesar