RGPD - Cookies
Destacados Sucesos

Con Cangas xa son 12 os concellos galegos en ‘alerta vermella’ por COVID-19

Na área viguesa están en alerta laranxa, además de Vigo, O Porriño e Nigrán

Dacordo cos datos oficiais difundidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), hai 12 concellos en ‘alerta 3, vermella’ polo aumento de casos de coronavirus.

O último de eles é o de Cangas do Morrazo, onde se detectaron máis de 21 casos positivos durante os últimos sete días.

Xunto a Cangas están as cidades de Ourense-con máis de 120 contaxios- e Santiago-112-, e os concellos de Ames, Arteixo, Barbadás, Laracha, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ordes, Verín e Vilagarcía.

17 concellos en ‘alerta 2, laranxa’, Vigo, Nigrán e O Porriño entre eles

Segundo os mesmos datos, hai outros 17 concellos en ‘alerta 2 laranxa. Entre eles están Vigo, Pontevedra, Nigrán, O Porriño, Poio, Marín, Vilanova de Arousa, Narón, A Coruña, Ferrol, Pereiro de Aguiar, Culleredo, Teo, Oleiros, Lugo,Fene, Oleiros e Mesía.

También te puede interesar