Cultura Destacados

Marea Vigo denuncia a impunidade dos locais de apostas e casinos na cidade

También apunta al Gobierno local

Marea de Vigo trasladará ao Director Xeral de Ordenación do Xogo a súa frontal oposición ao criterio esgrimido pola Xunta de non restrinxir os horarios de peche destes negocios ao entender que “non hai interación entre clientes”.

Este feito, a xuízo de Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo “amosa a clara influencia que o lobby do xogo ten sobre as decisións sanitarias e lexislativas que toma a Xunta“.

Unha situación denunciada dende hai 2 meses

Marea de Vigo leva denunciada esta situación dende o pasado 28 de agosto, ante as autoridades competentes, Daquela indicaba que “diversos negocios relacionados co xogo e apostas estaban servindo alcohol como alternativa ante o peche do ocio nocturno”, ao non estar estas actividades limitadas polas restriccións horarias.

Confirmábase, así a “patente de corso da que dispoñen os establecementos de xogo”. Os mesmos, entende Oriana Méndez, están amparado, dunha banda pola norma da Xunta e, doutra, polo Concello, “que non levou a cabo medida algunha, nin tan sequera amosando oposición a unha norma que supón un importante agravio ao sector hostaleiro da cidade”.

Perxuizo á hostalería local

Ademais do perxuizo á hostaleria local, para a Marea de Vigo “a norma emitida pola Xunta resulta absolutamente incoherente coa suposta intención da mesma, que obriga a pechar os locais de restauración e ocio nocturno á 01:00 pero por outra banda permite que outro tipo de locais permanezan abertos”.

Proliferación de casas de apostas en Vigo

Na xuntanza, Marea de Vigo denunciará tamén a forte proliferación de casas de apostas na cidade durante os últimos anos, nas que tamén se usan as modalidades de apostas on-line, “un tipo de maquinas que incluso podemos atopalas fóra deses espazos, en bares e restaurantes”.

También te puede interesar