Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A Área Sanitaria de Vigo inicia o cribado de 3.500 profesionais de 71 residencias de anciáns

Esta previsto facelo cada 15 días

A Área sanitaria de Vigo inicia o próximo luns o cribado dun total de 3.500 traballadoras e traballadores de 71 residencias da terceira idade e centros sociosanitarios da área.

Esta actuación se enmarca no proxecto da Consellería de Sanidade de cribar a todo o persoal destes centros de Galicia, un total de 15.000 persoas.

Cada 15 días

Nestes cribados, que realizaranse quincenalmente, vaise utilizar a técnica de Pooling con recollida de mostra de saliva.

Este venres desenvolvéronse sesións formativas -presenciais e on line- con representantes das residencias da área viguesa, para explicarlles o procedemento. Ademais, se lles fixo entrega do kit (tubito de recollida da mostra) que deben entregar ao seu persoal.

Qué é o Pooling?

A Área sanitaria de Vigo puxo en marcha en maio, por primeira vez en España, a técnica “pooling”. A mesma permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns.

Consiste en agrupar as mostras de 20 persoas diferentes e procesalas xuntas, como se fosen as dun solo individuo. Se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, se infire que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas. Isto aforra o tempo e acapacidade que conlevaría o estudo individual de cada mostra.

Se, pola contra, o resultado global é positivo, tense que separar as mostras para volvelas a procesar: ben dividendo a mostra conxunta en fraccións máis pequenas ou analizando cada unha delas de xeito individual.

Trátase dunha ferramenta diagnóstica de gran eficiencia que permite vixilar e controlar a circulación do virus en áreas estratéxicas. Isto é, en vez de esperar a que aparezan traballadores con síntomas, realízase unha acción proactiva de busca e identificación daqueles asintomáticos, para controlar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade, e garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante.

Te podría interesar