RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Destacados

Empeza a campaña de vacinación da gripe en Vigo

Sanidade insiste en que este ano é «vital» vacinarse

50.245 persoas da área sanitaria de Vigo xa teñen solicitada a súa cita para acudir a vacinarse da gripe.

A campaña de vacinación antigripal da Consellería de Sanidade que iniciouse hoxe durará ata o 31 de decembro.

Es «vital» vacinarse

Segundo explicou a directora de Atención primaria da Área Sanitaria de Vigo, «este ano é vital que a poboación se vacine, xa que, no contexto da pandemia pola Covid, poden coincidir ambas infeccións, de aí o transcendental da vacinación antigripal».

Elena Lorenzo insiste en que «a vacina non so evita os casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade». A directora lembra que «o pasado ano na área viguesa rexistráronse 23 mortes como consecuencia dun proceso gripal.»

En total, 316 pacientes necesitaron ingreso hospitalario, e unha trintena requiriron de hospitalización na UCI pola gripe.

Por último, o Sergas lembra a importancia, este ano máis que nunca, de concertar cita para a vacinación nos centros de saúde e non acudir directamente sen ter cita.

127 puntos de vacinación na cidade

Incidiu Elena Lorenzo  en que a campaña conta con 127 puntos de vacinación: centros de Primaria e hospitalaria do Sergas, centros médicos e consultas privadas, residencias da 3º idade públicas ou privadas, centros unidades de atención aos drogodependentes e centros de menores e discapacitados.

«A mellor arma contra a gripe e é a prevención, e a ferramenta máis eficaz na loita contra a enfermidade, é a vacinación», insistiu Lorenzo.


También te puede interesar