Galicia Sucesos

A Policía Local do Porriño auxilia a un home de 85 anos que camiñaba pola Autovía

Foi localizado no quilómetro 306, en dirección Vigo

A Policía Local do Porriño localizou a un home de 85 anos de idade, veciño da vila, camiñando pola Autovía A-52. O feito produciuse este pasado luns, pouco antes das 2 da tarde.

Foi unha persoa quen alertou ao 112 de que o ancián iba pola autovía, en dirección Vigo, “correndo un serio risco”.

Os axentes atopárono á altura do punto quilométrico 306, comprobando que tiña problemas de demencia. O home foi trasladado coa súa familia que xa empezara a buscalo, logo de non atopalo na casa.

Aínda que o ámbito de actuación das Policías Locais no eido do tráfico restrínxese ás zonas urbanas, non é a primeira vez que axentes do Porriño actúan en vías interurbanas. O último caso foi o pasado 5 de setembro, ando un home de 80 anos, veciño do Porriño, camiñaba espido pola autovía A-55.

También te puede interesar