RGPD - Cookies
Destacados Sucesos

11 concellos galegos en ‘alerta vermella’ por COVID-19

As sete cidades están en ‘alerta 2’

Con Tomiño, son xa 11 os concellos galegos que están en situación de ‘alerta 3’, o máximo, pola incidencia da COVID-19 en Galicia.

Segundo os datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) en Tomiño hai máis de 21 casos de COVID confirmados e, dacordo co nivel de alerta fixado, está no máximo.

Xunto a Tomiño, están en ‘alerta 3’, Arteixo, Ames, O Barco, Verín, Monterrei, Pereiro de Aguiar, Barbadás, O Carballiño, Santiago e Ourense.

15 concellos en ‘alerta 2’

En situación de alerta 2 hai 15 concellos: Vigo, como informamos onte, Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, A Laracha, Celanova, Culleredo, Marín, Narón, Oleiros, Porto do Son, Ribadavia, Vilagarcía e Xinzo.

También te puede interesar