Ciencia y Tecnología Galicia

A Deputación lanza ‘Depomar’ co apoio do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

É a única administración peninsular española en acadar este financiamento europeo

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción tras ter
coñecemento de que a institución provincial é a única administración peninsular española en acadar financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para poñer en marcha o proxecto “Depomar”.

Esta iniciativa ten un orzamento de máis de 59.280€ dos cales 44.460 € proveñen de Europa e preto de 15.000 € da Deputación. Carmela Silva subliñou que o obxectivo de ‘Depomar’ é “sensibilizar sobre a preservación dos ecosistemas e recursos mariños e empoderar e visibilizar ás mulleres e o seu papel nas actividades pesqueiras e marisqueiras”.

Papel fundamental da muller


O programa “Depomar” conta con cinco liñas de accións “nas que as mulleres van ter un papel fundamental”.

As mesmas consisten no deseño dun código de boas prácticas de actividades que se desenvolven na ‘Rede Natura 2000’. Incentivar a protección e conservación, a recuperación da biodiversidade; a
organización do sector pesqueiro con criterios de sustentabilidade; o respecto polas zonas protexidas do litoral, e o liderado e empoderamento da muller profesional do mar.

Ao respecto, Silva detallou que “o código plasmarase nun documento
sinxelo e breve, práctico, visual e moi pedagóxico, dirixido tanto a profesionais como público en xeral que tamén difundiremos a través da web e das redes sociais”.

Tamén, a través de “Depomar” vaise lanzar un vídeo para divulgar a importancia de conservar o patrimonio mariño e visibilizar o papel da muller nas industrias pesqueiras e marisqueiras.

También te puede interesar