RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Destacados

Milleiros de aves paran nas Cíes durante a súa migración dende norte e centro Europa

Especialistas estudaron o mes pasado ata 40 especies distintas

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acolleu mes pasado a voluntarios que participan no seguimento da migración das aves procedentes do norte e do centro de Europa.

Por sexto ano consecutivo, a dirección do parque colabora nesta iniciativa. A mesma lévase a cabo grazas ao programa de voluntariado do Organismo Autónomo de Parques Nacionais (OAPN).

Aínda que as Illas Atlánticas son principalmente coñecidos pola súa
importancia para as aves mariñas, o seu papel na migración ten sido menos estudiado. Por este motivo, o Grupo Ibérico de Anelamento decidiu poñer en marcha este proxecto de seguimento cun dobre obxectivo. Por unha banda, desvelar a importancia das illas de Cíes e de Ons como puntos estratéxicos de aprovisionamento de enerxía para os paxaros durante o chamado paso postnupcial, e pola outra, contribuír ao monitoreo da migración destas aves a escala global.

Información clave sobre a migración mundial de aves

De feito, grazas aos seis anos de traballo deste programa logrouse obter información clave para valorar e constatar a importancia das Illas Atlánticas como zona de refuxio e aprovisionamento. Tamén se avalía a incidencia do cambio climático sobre a súa migración nas nosas latitudes.

Exemplares analizados na última edición

Na edición deste ano, participaron un total de 15 voluntarios que desenvolveron labores de seguimento en Cíes e en Ons. Basicamente realizaron o anelamento científico de aves e en percorridos de censo visual e auditivo polas illas.

40 especies de aves

En total, fixéronse 21 xornadas de anelamento que se resolveron coa captura de 447 aves pertencentes a 40 especies distintas e das que se obtiveron datos como a idade, o sexo ou a condición física das aves marcadas e liberadas posteriormente.

O picafollas musical, o paporrubio e o papamoscas cerroxiño foron as tres especies máis capturadas. Tamén estudáronse outras, como o chasco norteño, a folosa manchada ou a folosa amarela que, aínda que máis escasas, tamén aportaron rexistros de interese para as illas.

134 exemplares ‘recapturados’


Por outro lado, os 134 exemplares ‘recapturados’ esta tempada –é dicir, aqueles que volven capturarse unha vez xa foron marcados-, permitiron coñecer datos como o tempo de permanencia na illa, a taxa de engorde ou mesmo a procedencia dalgunhas aves.

Millóns de aves procedentes do norte e centro de Europa

Cómpre lembrar que cada ano a finais do verán millóns de aves procedentes do norte e do centro de Europa atravesan a Península Ibérica na súa migración cara a lugares más propicios para sobrevivir ao inverno.

Trátase da migración postnupcial, unha viaxe esgotadora para as aves paseriformes durante a cal resulta clave encontrar suficientes
lugares adecuados para o repouso e aprovisionamento de alimento ata chegar ás súas zonas de invernada.

As Illas Atlánticas, debido á súa situación xeográfica, son un deses puntos de parada para moitas destas aves terrestres, que se desprazan seguindo a liña costeira do litoral Atlántico ata alcanzar o seu destino.

También te puede interesar