Galicia Sucesos

Sanidade eleva as restricións no Carballiño ante a evolución da covid-19

Así o decidiu logo da xuntanza do subcomité clínico que tivo lugar hoxe

A Consellería de Sanidade decidiu elevar o nivel de restricións no concello do Carballiño e aplicarlle as medidas do nivel 3. 

Así o decidiu logo da xuntanza do subcomité clínico que tivo lugar hoxe e na que se fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.

Deste xeito, aumentan as restricións xa existentes no concello e estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

También te puede interesar