'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Concello non estableceu un límite de pasaxeiros non buses de Vitrasa

O BNG pide ao Goberno municipal que aclare cal é o aforo

Servicio especial de Vitrasa para as Festas de Bouzas

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que o Goberno local aclare cales son os límites de aforo nos buses de Vitrasa. Ademáis, o seu concelleiro pide que se que tomen medidas para garantir que se respeitan.

Aliás, o BNG volveu reclamar que se reforce con máis buses as liñas e frecuencias de maior demanda para evitar amoreamentos e garantir as condicións preventivas fronte á Covid19.

Propostas dende o inicio da pandemia

Xabier P. Igrexas, lembrou que desde o inicio da pandemia o Bloque fixo numerosas propostas ao Comité de Seguimento Municipal da Covid19 en relación con Vitrasa. “O bus urbano é un servizo esencial para a cidade e instamos de maneira reiterada a que se adoptasen medidas para facelo seguro”, explicou.

Os condutores non saben cal é o límite de pasaxeiros

Igrexas advertiu que, segundo a información da que dispoñen, a dirección de Vitrasa asegura non ter que cumprir os límites legais de aforo ditados por se tratar de buses urbano e que o persoal non ten constancia formal de cal foi o límite de aforo comunicado desde o Concello.

También te puede interesar