Cultura Vigo al minuto

‘Galicia Nai e Señora’ unha tenda solidaria con alma de muller

Abel Caballero visitou este mércores ‘Galicia Nai e Señora’, o comercio solidario que vén de inaugurar na rúa Progreso Maite Isla, presidenta da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Un proxecto por e para mulleres

‘Galicia Nai e Señora’, deseña elabora e vende máscaras e uniformes sanitarios homologados e da traballo a 30 costureiras. Todas elas forman parte do grupo de máis de 300 voluntarias que, ao principio da pandemia, coseron máis de 7.000 batas, 200.000 máscaras en días de escaseza e en condicións especialmete difíciles.

Como comentou Maite Isla ao alcalde, ‘Galicia Nai e Señora’ é un proxecto por e para mulleres. «Moitas tiñan dificultade para integrarse no mercado laboral, pola súa idade ou por estar ao coidado de familiares e agora realizan unha labor excelente».

O alcalde, hoxe durante a visita

Triple garantía sanitaria

Como soñeceu Abel Caballero, todos os artigos de ‘Galicia Nai e Señora’ están feitos a man e poden personalizarse e adaptarse a cada persoa.

Maite Isla lembrou que como produtos que teñen que protexer a saúde, contan cunha triple garantía e tanto o seu deseño como os materiais están homologados, certificados e supervisados polo Servizo de Medicina preventiva.

Dúas tendas e vendas on line

A tenda de Vigo é a segunda coa que conta a firma, logo da que ten en Ponteareas. Abriuse en plena crise sanitaria o cal representou un reto e, ademáis de atender clientes e pedidos de manera física, tamén o fai ‘on line’, nos seus perfís de Facebook e Instagram.

Maite Isla recollendo o título de ‘Viguesa Distinguida’ como presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí

Viguesa Distinguida

O alcalde comentou que Maite Isla recolleu o sábado o premio ‘Viguesa Distinguida‘ polo labor de Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí durante 25 anos. Caballero lembrou que, neste tempo logrou que 7.000 familias abriran as súas casas a máis de 9.000 menores por medio do programa ‘Vacacións en paz’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.