Galicia Vigo al minuto

O BNG levará ao Congreso a conservación dos pasos da AP-9 da Xorxa e da Trapa en Teis

Asegura que o alcalde fixo “cero xestión” neste tema

O BNG de Vigo promoverá no Congreso dos Deputados unha iniciativa para manter os pasos elevados sobre a AP-9.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do Bloque, anunció este luns que o deputado Nestror Rego presentará unha iniciativa no Congreso, para esixir que o Ministerio de Transportes e Audasa adopten as medidas necesarias nos pasos elevados dos camiños da Xorxa e da Trapa en Teis.

Con esta acción parlamentaria o BNG instará ao Ministerio de Transportes, e sobre todo a Audasa, a que garantan que os pasos podan seguir sendo utilizados por vehículos e peóns de maneira segura.

“Cero xestión” do alcalde

O BNG de Vigo lamenta a “incomparecencia do alcalde neste tema”, a pesar dos seus grandes anuncios. A realidade, subliña Igrexas é que Caballero fixo “cero xestión” no que ten que ver con este asunto.

También te puede interesar