RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Vigo distingue ás súas veciñas e veciños máis sobranceiros

A Medalla de Ouro deste 2020 foi ás mans das e dos Profesionais Sanitarios de Vigo que nos coidan e nos protexen: en recoñecemento ao seu traballo durante a pandemia

O alcalde entregou este sábado os premios que distinguen ás ‘Viguesas e Vigueses Distinguidos’ deste 2020 e a Medalla de Ouro da cidade.

Nesta ocasión, ante a previsión meteorolóxica, o escenario para o acto foi o Auditorio Mar de Vigo ao que asistiron 400 invitados. Cumpriuse, así, o protocolo anti-Covid, posto que só se ocuparon a cuarta parte das butacas do anfiteatro.

Abel Caballero durante o acto

Viguesas e Vigueses Distinguidos

Abel Caballero gabou «a solidariedade, o carácter vigués, a fortaleza, o progreso como a esencia que nos define» da que todas e todos os distinguidos son un exemplo.

A xornalista Carlota Corredera

A cidade honrou ao xurista Julio Picatoste, «con Vigo na súa mirada, no seu intelecto e no seu corazón», como sinalou o alcalde. Á xornalista e presentadora de televisión Carlota Corredera, quen «comparte e contaxia a súa paixón polo seu traballo e por Vigo».

Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí, xunto ao alcalde

Agradeceu o traballo de Iván Álvarez Faginas -policía nacional ferido en Barcelona-. O Club Peña Trevinca, que chega aos seus primeiros 75 anos de vida. Ao grande atleta Alejandro Gómez, quen por motivos de saúde recibira o seu premio hai unhas semanas.

A Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, «os nosos ollos na solidariedade, na proximidade aos saharauís en África e en Galicia. O compromiso necesario, a responsabilidade imprescindible por un Sáhara que progrese; décadas de Vacacións en Paz para miles e miles de nenos e nenas».

Os corpos da Policía Nacional, da Policía Autonómica e da Policía Local de Vigo, da Garda Civil y de Protección Civil, «servizos públicos esenciais en toda circunstancia, acrecentados nesta pandemia«

Aos 16 centros de ensino de Vigo que contan con cincuenta ou máis anos de docencia na cidade: Centro de Educación Especial Saladino Cortizo, CEIP Santa Mariña, CEIP Valle-Inclán, CEIP Sello, CEIP Sárdoma Moledo, CEIP Paraixal, CEIP Javier Sensat, CEIP Igrexa-Candeán, CEIP A Paz Tintureira, Ceip Emilia Pardo Bazán, Colexio San Fermín, Colexio Atalaya Cantabria, Colexio Possumus, IES Santo Tomé de Freixeiro, Centro Integrado de Formación Profesional Valentín Paz Andrade, e IES Castelao.

Medalla de Ouro de Vigo

A Medalla de Ouro deste 2020 foi ás mans que nos coidan e nos protexen: as de as e os Profesionais Sanitarios de Vigo en recoñecemento ao seu traballo durante a pandemia.

«Son os homes e mulleres que están en primeira liña contra o coronavirus. Distingumos unha dedicación moi superior á vocación, unha dedicación por enriba do esixible, unha atención humana e de calidade no profesional, en circunstancias excepcionalmente extremas. O compromiso do colectivo sanitario de Vigo que suple as carencias con paixón, que expoñen a súa saúde para coidar da nosa», concluiu o alcalde.


También te puede interesar