Galicia Vigo al minuto

Aberto ate o día 30 prazo de presentación da solicitude de axuda ao alugueiro pola Covid-19

Os beneficiarios recibirán ata 500€, durante o período de vulnerabilidade e por un máximo de seis meses

Este venres xa se poderán pedir as axudas de 250€ do 'Bono Alugueiro Mocidade'

As axudas ao alugueiro convocadas pola Xunta para apoiar persoas en situación de vulnerabilidade, como consecuencia da Covid-19 poderán solicitarse aínda ata o vindeiro mércores, 30 de setembro.

Ata 500 euros

Os beneficiarios recibirán ata 500€, durante o período de vulnerabilidade e por un máximo de seis meses.

A axuda poderá concederse con efectos retroactivos desde o pasado mes de abril e non se concederá máis aló de decembro de 2020. En todo caso, o importe concedido non poderá superar nunca a renda mensual establecida no contrato de alugueiro.

Solicitude telemática

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta, onde está dispoñible o formulario correspondente. Os interesados deberán facer constar na mesma a data desde a que está en situación de vulnerabilidade; os seus ingresos netos; importe da renda; os gastos de subministracións do mes anterior á solicitude e a composición e os ingresos da unidade familiar.

Documentación obrigatoria

Xunto coa solicitude tamén deberá presentarse obrigatoriamente a seguinte documentación: contrato de alugamento da vivenda; extractos ou certificados bancarios, acreditativos do pagamento das últimas tres
mensualidades da renda do contrato anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda; documentación acreditativa do número de conta bancaria da persoa arrendador, no caso de non constar nos dous documentos anteriores; de ser o caso, solicitude da axuda transitoria de financiamento (préstamo ICO);declaración responsable das persoas integrantes da unidade de familiar; documentación acreditativa dos ingresos do solicitante e a unidade familiar correspondentes ao mes anterior ao da presentación da solicitude; documentación acreditativa dos gastos e subministracións básicos da vivenda habitual relativos ao mes anterior ao da presentación da solicitude.

.

También te puede interesar