Deportes Destacados

Ecoloxistas en Acción denuncia as obras da Cidade Deportiva do Celta en Mos

A ONG indica que podería haber exceso de edificación

Ecoloxistas en Acción vén de denunciar, ante o Concello de Mos e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), o «aparente exceso de edificación» das obras da Cidade Deportiva do Celta nos montes comunais de Pereiras.

A ONG solicita á Axencia que adopte as medidas oportunas para a defensa do interese público, tanto na vía administrativa como, se se estima procedente, denunciando os feitos ante as autoridades competentes -en caso de apreciar algún ilícito penal-.

«A simple vista pode apreciarse que o edificio que están construindo baixo a única cobertura legal das licencias directas excede en demasia o que pode considerarse un pequeno almacén e uns imprescindibles vestiarios», indican os ecoloxistas.

Lembran que o Goberno local de Mos outorgou, o 29 de novembro de 2018, licenza de obras para a construcción de dous campos de fútbol. Posteriormente, o 31 de outubro de 2019 unha licenza de obras para a construción duns «vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles». Atendendo ás informacións reflectidas en prensa, as instalacións auxiliares ás que se refire a licenza refírense, exclusivamente, a un pequeno almacén vinculado aos vestiarios, entendido como instalación imprescindible para o uso autorizado.

Por todo isto, Ecoloxistas en Acción esixe que de comprobarse que a sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D estea realizando actuacións á marxe da dúas licenza outorgadas, se adópten conforme ás previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia. As mesmas abranguen o restablecemento da legalidade urbanística infrinxida que puidesen corresponder, «e, en particular, a paralización das obras, e o inicio dos oportunos expedientes de disciplina urbanística, en función da natureza das infraccións hipoteticamente cometidas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.