Galicia Vigo al minuto

A estrada do Porto, en Beade, aumentará o seu ancho e contará con beirarrúas

As obras inclúen a pavimentación completa de toda a estrada, que contará con beirarrúas, beiravías e un ancho mínimo de 12 metros

A transformación da estrada do Porto, en Beade avanza. A presidenta da Deputación e o alcalde visitaron este martes as obras de mellora da EP-2001, «que é unha demanda histórica da veciñanza».

Este vial soporta un importante volume de tráfico nunha contorna cunha forte densidade de poboación, sen servizos e cunha absoluta carencia de espazos para a circulación peonil.

A actuación, «unha das principais obras da Deputación para este mandato», se está a realizar nun tramo cunha lonxitude de 1.255 metros que vai do número 77 da estrada do Porto ao lavadoiro de Quintián, en Beade. As obras inclúen a pavimentación completa de toda a estrada, que pasará de non dispor de beiravías a gozar dun ancho mínimo de 12 metros en todo o percorrido, chegando ata os 16 metros no núcleo de Quintián. Para elo foron necesarias as cesións de terreos por parte da veciñanza e a construción de numerosos muros de contención.

Beirarrúas aos dous lados

Con esta nova sección xa é posible construír beirarrúas a ambos lados, executadas en formigón gris e embelecidas con tiras de granito. Estes espazos peonís gañados para a veciñanza e viandantes, incluíndo os ensanches en forma de praza, contarán con 142 árbores, 15 bancos, 15 papeleiras e 11  xardineiras, ademais de elementos biosaudables fronte ao xeriátrico para a práctica de exercizo físico.

Novas redes de abastecemento e saneamento

As obras abranguen a dotación de novas redes de abastecemento de auga, saneamento e pluviais. Tamén contará cunha nova rede de iluminación, con 60 farois con tecnoloxía led, e telecomunicacións, posibilitando así o acceso á Internet de banda ancha.

Carmela Silva lembrou que a Deputación ten en marcha nestes intres un total de 26 convenios de colaboración con concellos de toda a provincia para mellorar a seguridade viaria doutras tantas estradas provinciais.

Deste xeito, indicou, iremos corrixindo, de xeito progresivo, o abandono histórico e acumulado na Rede Provincial de Estradas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.