Galicia Vigo al minuto

MareaVigo denuncia que Caballero non fai nada mentres locales de xogo pechan a altas horas da mañá

El casinos, locales de apuestas y bingos cierran en Vigo tres horas más tarde pese a las normas frente al coronavirus

O pasado 28 de agosto, Marea de Vigo denunciaba na Concellería de Seguridade e Policía Loca) o que estaba acontecendo no Casino de A Laxe.

Marea de Vigo recollía varias denuncias da veciñanza nas que se detallaba que o casino daba servizo de bar máis aló da 01:00- hora tope permitida á hostalería e establecementos de ocio nocturno local-.

O Goberno de Vigo no fixo nada

Máis aló da visita da Policia Local ao casino, “na que se confirmou a ‘patente de corso’ da que dispoñen os establecementos de xogo amparados pola norma da Xunta, o Goberno local non levou a cabo medida algunha”.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, subliñá que “nin tan sequera amosou oposición a unha norma que supón un importante agravio ao sector hostaleiro da cidade”. Mentras tanto, as fines de semana tras fin de “seguimos asistindo ás aglomeracións nas portas dos locais de xogo”.

Caballero fai deixación de funcións

Para Rubén Pérez resulta “moi chamativo que o Concello non se opoña frontalmente á Xunta nesta ocasión, cando estase a perxudicar gravemente ao sector hostaleiro vigués”.

Pérez considera que o Goberno de Abel Caballero está facendo unha “evidente deixación de funcións“: “debe actuar inmediatamente esixindo á Xunta a subsanación do baleiro legal que permite aos locais de xogo a non cumprir as mesmas normas a hostalería con respecto á COVID19”.

A xuízo do voceiro de Marea de Vigo, “non é de recibo que certos negocios permanezan á marxe coma se o virus non tivese impacto neles”.

Xa é inasumible que se deixen fóra da norma aos casinos, bingos e salas de xogo, continúa Rubén Pérez, “mais a posición tanto da Xunta protexendo coma do Concello permitindo, é inaceptable”.

También te puede interesar