RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Vigo al día

O BNG denuncia a reducción de frecuencias en varias liñas de Vitrasa

Varias liñas, entre elas a C2, 16, 24 e 4A sufriron recortes no servizo

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar a redución de frecuencias que afecta a varias liñas de Vitrasa

Malia que o Goberno municipal asegurou que o servizo está funcionando ao cento por cento, após as reducións sufridas durante o confinamento e a desescalada, varias liñas continúan  a sufrir recortes, sinala o voceiro municipal do BNG.

Xabier P. Igrexas, faise eco das queixas veciñais por estas reducións de servizo. «O C2 en lugar de pasar cada 20 minutos pasa case ao dobre, as liñas 16 e 24 reduciron á metade as frecuencias e tamén hai menos servizos na 4A».

Igrexas puxo estes exemplo para insistir na necesidade de potenciar o servizo de autobús urbano e poñer en marcha unha mobilidade «moderna, eficiente e sustentábel». Por iso urxiu o Goberno municipal a garantir o ‘cento por cento’ das frecuencias existentes antes do inicio da pandemia, e a estudar o reforzo con máis buses para evitar aglomeracións.

O portavoz municipal do BNG reclamou o retorno aos horarios fixos. «O cambio a frecuencias variábeis confunde á cidadanía e empeorou a calidade do servizo», asegura.

También te puede interesar