RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

3.000 prazas máis de tren entre Vigo, Santiago e A Coruña dende o domingo

A medida coincide co inicio do curso universitario

Coincidindo co inicio do curso universitario, Renfe incrementará en 3.000 as prazas sispoñibles cada fin de semana nos traxectos entre Vigo, Santiago e A Coruña.

Dous novos servizos entre Vigo-A Coruña
 
En concreto, a partir do próximo domingo, día 20 Renfe suma dous servizos de tren de viaxeiros na relación Vigo-A Coruña (un por sentido) os venres e os domingos.

O tren con saída de Vigo- Urzáiz farao ás 18.15 horas e chegará á estación da Coruña ás 19.35 horas. En sentido inverso, o tren con saída da estación da Coruña farao as 18.00 horas e chegará a Vigo- Urzáiz ás 19.20 horas. Ademáis desta medida Renfe duplicará as prazas doutros 11 trens (7, o venres e 4, o domingo) ata chegar ás 3.000 novas prazas.
 
Recuperación das frecuencias
 
O pasado 22 de xullo, froito de paulatina reincorporación de servizos, volveron circular seis trens de Media Distancia e Avant de Servizo Público de Galicia: – A Coruña (5.38) – Vigo Guixar (7.44) – Vigo Guixar (5.13) – A Coruña (7.27) – A Coruña (12.00) – Vigo Urzaiz (13.20) – Vigo Urzaiz (13.40) – A Coruña (15.12) – A Coruña 6.38) – Ourense (10.20) – Ourense (19.50) – (23.15).
 
Nestes momentos, a compañía ferroviaria pon en circulación os días laborables doce trens de Media Distancia e Rexionais entre A Coruña e as estacións viguesas e outros tantos en sentido contrario. A estes trens súmanse outros dez servizos Avant diarios (cinco por sentido) entre A Coruña, Santiago e Ourense.

También te puede interesar