RGPD - Cookies
Galicia

O Sergas publica o nomeamento de 1.429 profesionais como enfermeiros, auxiliares e celadores

Son 830 enfermeiros,209 auxiliares e 390 celadores

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o nomeamento dun total de 1.429 profesionais seleccionados na última oferta pública de emprego das categorías de celador, enfermeiro e grupo auxiliar da función administrativa​.

A súa toma de posesión suporá a incorporación ás institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia deste persoal con condición de fixeza.

Enfermeiros, Auxiliares e Celadores

En concreto, un total de 830 destinos foron adxudicados na categoría de enfermeiro; 209 na categoría de grupo auxiliar da función administrativa; e 390 na categoría de celador.

Cómpre destacar a incorporación nesta última categoría, dun total de 30 celadores da quenda de discapacidade intelectual.

Incorporación na súa praza ata o 19 de outubro

O persoal nomeado disporá do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 19 de outubro próximo.

También te puede interesar