Comarcas

Tui precinta o parque infantil dos Xardíns de Troncoso logo de varios actos vandálicos

Hai pouco renováranse para cativos de 0 a 5 anos de idade

 O Concello de Tui procedeu ao precintado e vallado da parte inferior do Parque Infantil situado a carón dos Xardíns de Troncoso. Esta decisión vén motivada polos “reiterados actos vandálicos” que estaban a rexistrarse.

Recentemente renováranse distintos elementos do parque logo do seu acondicionamento para cativos e cativas de 0 a 5 anos.

O parque so apareceu con pintadas nos elementos de xogo, numerosos desperfectos, mesmo o roubo de parafusos ou lixo tirado por esta área de lecer infantil. 


Desinfección diaria

O Concello informa que, a diario se realiza a desinfección dos parques infantís nos municipio, e dos seus elementos. Séguese nos mesmos o protocolo COVID que se puxo en marcha dende a reapertura destas zonas.

Lémbrase amais as normas de uso dos mesmos coma desinfección de mans co xel hidroalcóholico, distancia de seguridade e limitación de aforo cun máximo de dous nenos por xogo infantil e un máximo de 2 persoas por banco público.

También te puede interesar