Comarcas

Tui precinta o parque infantil dos Xardíns de Troncoso logo de varios actos vandálicos

Hai pouco renováranse para cativos de 0 a 5 anos de idade

 O Concello de Tui procedeu ao precintado e vallado da parte inferior do Parque Infantil situado a carón dos Xardíns de Troncoso. Esta decisión vén motivada polos «reiterados actos vandálicos» que estaban a rexistrarse.

Recentemente renováranse distintos elementos do parque logo do seu acondicionamento para cativos e cativas de 0 a 5 anos.

O parque so apareceu con pintadas nos elementos de xogo, numerosos desperfectos, mesmo o roubo de parafusos ou lixo tirado por esta área de lecer infantil. 


Desinfección diaria

O Concello informa que, a diario se realiza a desinfección dos parques infantís nos municipio, e dos seus elementos. Séguese nos mesmos o protocolo COVID que se puxo en marcha dende a reapertura destas zonas.

Lémbrase amais as normas de uso dos mesmos coma desinfección de mans co xel hidroalcóholico, distancia de seguridade e limitación de aforo cun máximo de dous nenos por xogo infantil e un máximo de 2 persoas por banco público.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.