Galicia Vigo al minuto

O Concello do Rosal acomete a reforma da Praza de Abastos

As obras comezarán a finais deste ano, durarán 2 meses e custarán 207.000€

O Concello do Rosal do vén de sacar a licitación as obras da primeira fase de reforma da Praza de Abastos.

Estas obras, que comezarán a finais deste ano, durarán dous meses. O investimento superará os 207.000€ financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, de Agader e de financiamento propio.

Trátase dunha remodelación interior do mercado sen afección estrutural. A mesma ten coma obxectivo adecuar o espazo aos novos estándares de confort. Para iso farase unha redistribución dos postos, con cambio de materiais e de iluminación e a transformación dos servizos existentes.

También te puede interesar