RGPD - Cookies
Cultura

A Xunta incorpora 1.107 profesores para Secundaria Bacharelato e FP

847 estarán traballando xa a semana próxima semana para reforzar as medidas de seguridade contra a Covid-19

O conselleiro de Educación anunciou este mércores a incorporación de 1.107 profesores para Secundaria, Bacharelato e FP para garantir as medidas de seguridade contra o Covid-19.

Román Rodríguez fixo este anuncio logo da reunión do ‘comité científico’ que asesora ao presidente da Xunta.

Rodríguez indicou que «dáse resposta á principal demanda da comunidade educativa e cúmprese co compromiso de atender as necesidades de profesorado expostas polos centros».

847 profesores, xa

O conselleiro adiantou que a incorporación de 847 profesores para reforzar as medidas de seguridade contra a Covid, será inmediata. O venres está previsto que se adxudiquen os destinos finais do profesorado e a vindeira semana estarán todos nos seus centros con motivo do arranque do curso de Secundaria o mércores día 23.

También te puede interesar