Galicia Vigo al minuto

Tomiño, O Rosal y A Guarda suman 54 casos activos de coronavirus

Sanidade reunirase dúas veces por semana coas alcaldesas e alcalde destes concellos para o seguemento da situación epidemiolóxica

Este luns tivo lugar a primeira dunha serie de reunións por videoconferencia que a Consellería de Sanidade manterá dúas veces por semana cos rexidores dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño, con motivo dos brotes vividos nos últimos días nestes municipios.

No caso de Tomiño a situación epidemiolóxica é mellor que na Guarda e O Rosal, pero dada a estreita relación que une á poboación dos 3 concellos, considerouse necesario a súa participación. En conxunto, O Rosal, A Guarda e Tomiño suman 54 casos activos de coronavirus

Valorar a situación e evolución dos casos

O obxectivo destes encontros será valorar a situación e a evolución de xeito frecuente, e facilitar aos concellos os datos relativos aos casos activos que hai en cada momento.

7 casos en Tomiño

Nesta primeira reunión Sanidade informou de que en Tomiño existen na actualidade 7 casos activos de COVID19, entendendo como casos activos aqueles que foran positivos na proba de PCR, que aínda non se lles dera a alta médica, e que teñan o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saude.

Sanidade informou de que durante a fin de semana non houbo ningún caso máis notificado, o que se valora como unha boa nova e se espera que sexa unha sinal da boa evolución no territorio.

Sandra González, alcaldesa de Tomiño declarou que no concello «estase a facer un esforzo continuo e intenso por manter informada á poboación».

O Rosal, 18 casos

No caso do Rosal Sanidade confirmou que hai 18 casos activos de coronavirus, vinculados a tres brotes familiares e un do ámbito laboral.

Para a alcaldesa, Ánxela Fernández, os veciños do Rosal están moi concienciados e «comprometidos» no cumprimento das medidas tomadaqs para deter o avance da enfermidade.

29 casos en A Guarda

 No que se refiere a Guarda o número de casos confirmados por Sanidade é de 29 en total. Como O Rosal, o concello está afectado por novas restricións desde a pasada fin de semana. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.