Galicia Sucesos

Un novo lume arrasa xa máis de 20 hectáreas en Quiroga

Comezou pasada a medioanoite

Segundo informa Medio Rural, un incendio que comezou a pasada medianoite segue activo no concello lucense de Quiroga. Nas últimas horas o lume arrasou xa máis de 20 hectáreas.

Nos traballos de extinción participan 5 axentes, 7 motobombas, 11 brigadas e unha pa á espera da chegada de medios aéreos ao longo da mañá.

A consellería tamén confirma a extinción do incendio que estaba activo en Cerdedo-Cotobade e que, segundo os datos actualizados, afectou unha superficie de 105 hectáreas: 80 rasas e 25 arboradas

También te puede interesar