Ciencia y Tecnología Comarcas

Tomiño investiu máis de 60.000€ en melloras nos centros escolares

En todos estes centros revisáronse as instalacións de electricidade, fontanería e carpintería; limpáronse e desbrozáronse patios, hortas e areeiros e limpáronse canlóns e cubertas

Os centros escolares de Tomiño xa están para a volta ao cole. O Concello investiu máis de 60.000€ na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria que se levaron a cabo durante os meses de verán.

Os traballos responden a actuacións solicitadas e consensuadas previamente coas direccións de todos os centros escolares. Estas obras “van encamiñadas a colaborar nunha progresiva modernización tecnolóxica das aulas a un maior benestar do alumnado”.

20.000€ nas unitarias de CRA Manuel Mestre Garcés

Nesta ocasión, os traballos de maior envergadura realizáronse nas unitarias do CRA Manuel Mestre Garcés, onde se investiron máis de 20.000€. Así, en Vilachán arranxouse a Aula de Psicomotricidade, reparouse a estrutura metálica e pintado exterior, reformáronse os baños da planta baixa, pintáronse o interior das aulas e cambiouse a iluminación para seguir camiñando cara un maior aforro enerxético.

Mentras, na unitaria de Barro pintouse o interior, arranxouse o teito da galería de entrada e cambiouse a iluminación; na de Carregal arranxouse o piso de entrada exterior da saída traseira; en Estás arranxouse o parque de xogos; en Figueiró pintouse o interior e cambiouse a iluminación e en Vilameán remodelouse a zona de lecer, co arranxo das instalacións xa existentes e a colocación de novos xogos. Ademais dotuse de deshumidificadores a todas as unitarias do CRA.

Centros de Primaria

O Concello tamén realizou importantes reformas este verán nos centros de Primaria, como o arranxo de canlóns e cubertas en todos eles, obras nas que se investiron máis de 24.000 euros.

No CEP Pedro Caselles arranxáronse chan dos baños do ximnasio e modificouse a altura dos urinarios; amañáronse as tubaxes dos baños, revisáronse billas, duchas…; instalouse aula de informática, con mobiliario, pintado e cambio de iluminación; mellorouse a aula matinal con armarios, pintado, iluminación, mobiliario e outros; e fixéronse varias reparacións na cuberta e no canlón.

Pola súa banda, no CEIP de Barrantes camboiuse o chan na aula de música, en Sobrada instalouse unha zona de xogos e en Tebra arranxáronse os baños do pavillón, pintouse biblioteca e dirección e creouse unha zona de xogos exterior.

No CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián cambiáronse as cisternas en Infantil e estanse a levar a cabo os traballos de acondicionamento interior e da ampliación do patio en 1.000 metros, xunto co posterior peche. Con estas obras incorpórase ao patio un bosque de carballos do que poderán desfrutar os nenos e nenas.

A Galiña Azul

Os dous centros da Galiña Azul do municipio tamén foros reformados. Ademais da protección de madeira exterior nas dúas escolas, na de Goián reparouse o lavalouzas e instalouse un timbre e na de Tomiño colocáronse andeis de almacén; pintáronse aulas, oficina e portas; colocáronse cadeiras de oficina e para atención ao público; e instaláronse fontanería, desaugadoiros e electricidade para a colocación dunha lavadora e secadora, entre outros traballos. O investimento total en todas estas obras de mellora ascendeu a arredor de 6.000 euros.
Por outro lado, o Concello colocou andeis para a ANPA do IES Antón Alonso Ríos.

En todos estes centros revisáronse as instalacións de electricidade, fontanería e carpintería; limpáronse e desbrozáronse patios, hortas e areeiros e limpáronse canlóns e cubertas.

También te puede interesar