Galicia Sucesos

Sanidade establece medidas restritivas en Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Poio e Vilaboa

Se limitan os aforos no comercio, hostelería, celebracións e tamén en xuntanzas na rúa

El Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

A Consellería  e Sanidade, decidiu este venres establecer medidas restritivas no concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio. A medida tomouse logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia.

Limitación de aforos nos bares e comercios ao 50%

Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.

Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Dende as 00:00h.

O Diario Oficial de Galicia publicará estas medidas esta tarde e entrarán en vigor desde ás 00:00 horas. A posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado no prazo máximo dunha semana.

Vodas, bautizos e comunións

Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo: o número máximo será de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre. Este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda Galicia dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.