'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de “estafa” aos pequenos negocios da cidade a nova tarifa da auga

Rubén Pérz advirte de que a nova tarificación suporá, en realidade, unha “penalización”,

O voceiro de Marea de Vigo reuniuse con comerciantes de Travesas co fin de explicar os cambios que traerá a nova tarificación da auga.

No encontro, no que se fixeron varias simulacións da nova tarificación, Perez trasladou ás e os comerciantes a postura da Marea de Vigo ao respecto.

“O Goberno local está desplazando cara ao conxunto da cidadanía unha mala xestión da auga xusto no peor momento do comercio local“, sinalou o concelleiro.

O que debería estar facendo o Concello, engadiu é “unha adaptación das tarifas á situación económica, axudando aos sectores que empregan ao 65% dos vigueses”.

Penalización económica para os pequenos negocios da cidade

“Se ben era unha oportunidade para adaptar a tarifa cara a un consumo responsable e á situación económica”, a xuízo de Marea, fíxose o contrario.

No caso de pequenos negocios, “como perruquerías, lavanderías e incluso hostalería, nos que o consumo da auga é un elemento fundamental” suben os custos. Para eles, subliñou Rubén Pérez, a nova tarificación suporá unha “penalización por un exceso de consumo de auga”.

Ante o que desde a Marea de Vigo se cualifica coma unha “estafa” ao comercio local, “alentamos ao colectivo de comerciantes da cidade, ademais dos e das consumidoras, a que fagan os seus cálculos e, unha vez publicada a proposta de ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), presenten as súas alegacións”.

También te puede interesar