Deportes

@depo_es abre a inscrición para a segunda ruta ‘Depo Orienta’

Terá lugar o domingo 27 de setembro no Monte da Lagoa de Castiñeira

A Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo de inscrición da segunda das rutas “Depo Orienta”, que terá lugar o domingo 27 de setembro no Monte da Lagoa de Castiñeira.

O obxectivo das persoas participantes é realizar no menor tempo posible
un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda dun mapa, que se lles entrega aos participantes xunto co material preciso para a realización da actividade no punto de partida.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse de xeito gratuíto no sitio web da Deputación (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas.

Aquelas persoas que se apunten con posterioridade, ata un máximo de 100, pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, rematará o 21 de setembro ás 12 horas.

“Vive Deporte” ten como obxectivo fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables e inclúe, aparte das actividades de orientación, unha trintena de rutas e andainas.

También te puede interesar