RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Vigo al día

O xefe da Área Sanitaria de Vigo, novo conselleiro de Sanidade

Julio García Comesaña (Vigo, 1968) dirixía dende xullo de 2019 a sanidade da área viguesa

Julio García Comesaña, xerente da área sanitaria de Vigo, será o novo conselleiro de Sanidade. O presidente do Goberno galego deu a coñecer este domingo o seu novo goberno do que saen, a apena catro días para que empece o curso, a ata hoxe conselleira de Educación, Carmen Pomar e, tamén, en pleno rebrote dos casos de coronavirus, o responsable de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Segue coma vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e o lucense Francisco Conde pasa a ocupar a Vicepresidencia segunda, de nova creación, e a consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Seguen nos seus postos a incombustible Rosa Quintana, na Consellería do Mar; José González Vázquez, coma conselleiro de Medio Rural; Román Rodríguez, quen xestionará Cultura e recupera Educación; Ethel Vázquez, á fronte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Ángeles Vázquez, en Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Valerano Gómez, en Facenda e Administración Pública e Fabiola García en Política Social.

Xunto a Julio García Comesaña, a segunda incorporación ao Goberno galego é María Jesús Lorenzana Somoza, quen xestionará Emprego e Igualdade.

Julio García Comesaña, novo conselleiro de Sanidade

Julio García Comesaña (Vigo, 1968) era, dende xullo de 2019 e ata este domingo, o xerente da Área Sanitaria de Vigo. Antes dirixira a sanidade de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras.

Licenciado en Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade sanitaria de Radiofísica Hospitalaria, tamén é Máster en Administración Sanitaria.

Entre 1993 e 2005, traballou como especialista de radiofísica hospitalaria en Povisa, o Meixoeiro, e o Vall d’Hebron de Barcelona e de 2005 a 2011, foi director de centro e director operativo no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

También te puede interesar