Cultura Vigo al minuto

@AsocLazoiro denuncia a destrucción con maquinaria pesada de parte do Castelo de Aitona, en Salvaterra

Lazoiro alerta do «estado de abandono do mesmo por parte da Administración»

O Castelo de Santiago Aitona, (declarado como Ben de Interese Cultural -BIC- de Galicia) é unha fortificación abaluartada realizada en terra e situada no lugar do Casal. O mesmo, segundo denuncia a Asociación Lazoiro, «atópase nun estado de abandono por parte da Administración e sen ningún tipo de sinalización». 

Lazoiro leva anos solicitando a súa sinalización e mesmo formalizou fai uns meses unha queixa perante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, «que fixo caso omiso das nosas advertencias».

Traballos con maquinaria pesada

Esta semana tívose coñecemento a realización de obras de grandes dimensións con maquinaria pesada que afecta ao BIC, trátanse de movemento de terras, talas de árbores e levantamento dun muro de grandes dimensións. 

A asociación lamenta, unha vez máis, o «abandono por parte de Patrimonio e do Concello de Salvaterra do Castelo de Santiago Aitona, que podería ser usado para fomentar o turismo e posta en valor do noso patrimonio».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.