'Qué te cuentas?' Galicia

7.126 afiliados máis á Seguridade Social en Galicia

O paro subiu o mes pasado en 1.604 persoas

A Seguridade Social gañou en agosto en Galicia unha media de 7.126 afiliados respecto ao mes de xullo (+0,71%). Deste xeito, segundo os datos do Ministerio de Inclusión e Seguridade Social, en Galicia había o pasado día 31 un total de 1.012.794 persoas ocupadas.

En comparación con agosto de 2019 hai 24.106 cotizantes menos, o que supón unha perda do 2,32%.

A filiación aumenta nas catro provincias

En relación co mes de xullo, sube a filiación á Seguridade Social nas catro provincias galegas, exactamente un 1,06% en Lugo, un 0,9% en Ourense, un 0,65% en Pontevedra e un 0,61% na Coruña.

Iso sí: se a comparativa se fai en relación con hai un ano, hai un 2,74% menos de afiliados á Seguridade Social na Coruña, un 2,64% menos na provincia de Lugo, un 1,98% menos na de Ourense e un 1,81% menos en Pontevedra.

O paro sube máis que na media do Estado

A finais de agosto había anotadas nas oficinas de emprego de Galicia 176.951 persoas, o que supón 1.604 máis que en xullo, segundo os datos do Ministerio de Traballo.

O desemprego aumentou en Galicia un 0.94%, unha porcentaxe superior ao 0,79% de media no conxunto do Estado.

En relación con agosto de 2019 hai 23.131 parados máis, o que representa un aumento do 15,04%

También te puede interesar